martes, 9 de marzo de 2010

Dous libros interesantes

As mulleres, que len, son perigosas   Autor Stefan Bollmann

Relegadas tradicionalmente a un papel secundario e a miúdo pasivo na sociedade, as mulleres atoparon moi pronto na lectura un xeito de romper as estreitezas do seu mundo. A porta aberta ao coñecemento, á imaxinación, o acceso a outro mundo, un mundo de liberdade e independencia, permitiulles desenvolverse e adoptar, aos poucos, novos roles na sociedade. A través dun percorrido polas numerosas obras de arte que reflicten a estreita relación entre libros e mulleres, Stefan Bollmann rende unha sentida homenaxe ás mulleres e confirma o excepcional poder que confire a lectura.

              As mulleres que escriben tamén son perigosas
                                                          Autor Stefan Bollmann
Si as mulleres que len son perigosas, que dicir daquelas que, superando todas as trabas, impuxéronse como escritoras nun mundo cheo de prexuizos que non as tomaba en serio?

A literatura foi tradicionalmente un terreo reservado aos homes e, ata ben entrado o século XX, as poucas mulleres que se atrevían a tomar a pluma adoitaban utilizar pseudónimos masculinos para ocultar semellante acto de rebeldía. Con todo, xa no século XIII algunhas mulleres atrevíanse a escribir nun mundo no que só unhas poquísimas privilexiadas tiñan acceso sequera á lectura. Esta interesantísima e reveladora obra, chea de ilustracións e fotografías, propón repasar a traxectoria das escritoras máis destacadas que deu a historia, como as irmás Brontë, Jane Austen, George Sand ou Virginia Woolf

Ningún comentario: