mércores, 10 de novembro de 2010

Legado Mª Victoria Moreno

Estes días a nosa biblioteca é un maremagnun de caixas, de libros que soben e baixan, de estanterias que se baleiran para volver encherse de libros.... e é que, por fin, xa podemos empezar a colocar o legado que nos deixou María Vitoria Moreno.

Logo de todo o traballo que supuxo inventariar  os seus libros, introducilos na base de datos, ampliar o espazo físico, habilitar un lugar especial para colocalos, organizalos.....empezamos a ver que todo  este esforzo está a se notar na  biblioteca.

Falta aínda moito por facer, esperamos que ao terminar este curso estea todo en orde, pero mentres tanto xa podedes  tocar, ler, consultar...... algunhas desas xoias que a nosa compañeira e mestra deixounos tan xenerosamente.

O equipo de Biblioteca

Ningún comentario: