xoves, 22 de decembro de 2011

Lectura dramatizada

O ano 2011 foi proclamado pola ONU o Ano Internacional da Química, ao cumprirse cen anos da concesión do premio Nóbel de Química a Madame Curie.

Desde o Instituto Gonzalo Torrente Ballester queremos contribuir ao mesmo, levando a cabo unha lectura dramatizada da vida do primeiro ser humano que conseguíu gañar dous premios Nóbel en dúas disciplinas distintas. O de Física en 1903 e o do Química en 1911.

















Alumnado participante (Por orde de aparición)


Presentadora: Uxía Domato Filgueira
Narrador: Alexandre Balea Grela
Enfermeira: Rebeca Seco Luna
Marie: Marta Gómez Martín
Bronia: Ana María González Arias
Narradora: Cintia Cabada Malvar
Pierre: César Díaz García
Irene: Helena Lemiña Gómez
Röntgen: Héctor Gestido Hervés
Becquerel: Gabriel Gestido Hervés
Informática: Joaquín de Medrano Sóñora


 Dirección: Xabier Paredes Rivadulla (Profesor do departamento de química)

Marie Curie from Grupobiblio on Vimeo.
Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a representación.
Felicidades aos alumnos e ao director por este traballo tan ben feito.

martes, 20 de decembro de 2011

IRIA MORGADE, antiga alumna do Centro, gañadora do Premio Biblos


GALARDÓN
Iria Morgade gaña o Premio Biblos novelando as protestas dos novos
O premio busca a autores de menos de 25 anos que presenten un borrador de novela.
Santiago / La Voz 23/7/2011
(5 votos)
Verbas no ar é o título do proxecto de novela gañadora do Premio Biblos, que na tarde noite de onte deuse a coñecer na Casa Grande do Bachao, preto de Compostela. Iria Morgade é a autora desta proposta de novela que ao longo dun mes poderá rematar baixo a titoría do escritor Xabier P. Docampo.

O Premio Biblos, que este ano acadou a súa sétima edición, busca a autores de menos de 25 anos que presenten un borrador de novela. O xurado escolle entre os borradores e ao gañador dáselle a oportunidade de pasar o mes de outubro na Casa do Bachao completando o texto, que será publicado en galego e mais en castelán contra finais de ano.

Segundo o xurado desta edición, Xabier P. Docampo, Elena Veiga e Tucho Calvo, «a obra está escrita cunha vocación de estilo que acode a unha linguaxe directa, construída cunha disposición do texto baseada nas frases curtas». Argumentalmente, o texto gañador é unha obra «actual e oportuna que procura relacionar as revoltas nos países do norte de África coa actitude de descontento e protesta da xuventude protagonista dos movementos que estamos a contemplar no noso entorno». O xurado sinala tamén que o texto prescinde das florituras e abre os ollos do lector «ante un mundo en conflito a golpe de linguaxe tweet». Iria Morgade Valcárcel é de Poio (Pontevedra) e licenciada en Ciencias Políticas.
(La Voz de Galicia.es)


Os nosos parabéns Iria por este premio, toda a comunidade educativa do teu "Insti" sentímonos moi orgullosos de ti.

luns, 19 de decembro de 2011

domingo, 4 de decembro de 2011

venres, 25 de novembro de 2011

martes, 22 de novembro de 2011

Manuel Lourenzo González... un profesor de premio

Manuel Lourenzo González, un dos nosos profesores máis queridos de lingua e literatura galega do centro, ven de gañar o XXIX Premio "Blanco Amor" de novela longa, pola obra que leva como lema "ATL". Pero non é o único premio deste ano. Recentemente, a súa novela " Mundo Arb", publicada en SM, levou o Premio de Literatura Infantil e Xuvenil O Barco de Vapor.


Desde a Biblioteca do centro, noraboa. Sabemos que non será o derradeiro. Como nunha boa novela, isto non remata aquí.


xoves, 17 de novembro de 2011

Xa na Biblioteca

O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños

 Autor: Fernando Cimadevila e Ivan Valladares

O mundo secreto de Basilius Hoffman comprende un ambicioso proxecto de fantasía que abrangue varios medios artísticos, centrados todos eles arredor dunha serie de cinco novelas ilustradas da que agora se publica o seu primeiro título: O ladrón de soños.
Desde esta primeira historia mergullámonos nun mundo estraño e complexo, un universo onde o profesor Hoffman: arqueólogo, historiador, lingüista e, sobre todo, explorador de mundos ocultos, serve de guía ao seu novo sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas do noso propio mundo conflúen cara a unha única e asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade.
Entre os demais proxectos atópase tamén a publicación de varias novelas derivadas, nas que se profundizará noutros aspectos da historia e dos personaxes, varios álbumes de banda deseñada e a creación dunha banda sonora, que xa ten a súa primeira achega nesta novela cunha peza a piano.

O mundo secreto de Basilius Hoffman pretende chegar tanto a un público xuvenil como adulto, seguindo o legado de Michael Ende cunha lectura de dobre profundidade, na que os máis novos gocen da aventura e os maiores poidan recuperar aquela maxia das súas primeiras lecturas no xénero da fantasía, sempre, e como manda a tradición, cun pano de fondo que reivindica o poder da creatividade e da imaxinación.
( A rede social galega do Libro)



xoves, 3 de novembro de 2011

En samaín




Alma from Rodrigo Blaas on Vimeo.



Trátase dunha curtametraxe animada moi apropiada para este tempo. Está dirixida polo animador granadino Rodrigo Blaas que traballa para os Estudios de Animación Pixar desde o ano 2002. Rodrigo participou en películas : Buscando a Nemo, Cars, Los increibles, Wall-e y Up.
Tres anos de traballo foron necesarios para crear esta curtametraxe de cinco minutos de duración, que recrea a historia dunha nena que, recorrendo as frías rúas, atopa unha antiga tenda de xoguetes que lle causa moita curiosidade.
A curta titúlase "Alma". Espero que vos guste.



Esta curta e o texto están no Blogue da Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz. Grazas por estes regalos.

mércores, 2 de novembro de 2011

Biblioteca escolar Última xeración


A nosa Biblioteca tamén quere formar parte das bibliotecas de última xeración e dotámonos de varios ordenadores para que poidades usar, naturalmente seguindo unhas cantas normas.

venres, 28 de outubro de 2011

Samaín na Biblioteca


o samaín no IES Torrente Ballester de Pontevedra por chusinita
Esta mañá o noso instituto apareceu cheo de esqueletos, teas de araña, morcegos e demais bichos. En todas as clases os alumnos traballaran arreo para recibir a Samaín e a biblioteca non quixo quedarse atrás.

Como podedes ver os esqueletos convertéronse en lectores e foron os primeiros en elixir libros.

Algúns alumnos Clara e Pablo de 1º ESO ou Cintia de 4º ESO non quixeron ser menos que eles e léronnos contos relacionados coa celebración, Tamén a Profe Rita se uniu la lectura poñendo voz a un relato que escribiu un alumno de Bacharelato.

A Biblio estaba concorrida!!!!

E sería  que tamén se entregaban os premios ás clases mellor decoradas?  Quen sabe!!!!
Fose como fose resultou moi interesante.

Ides ser vós menos que os esqueletos? A que estades a esperar? Temos novidades.
Aquí tedes un adianto.


xoves, 13 de outubro de 2011

Novidades na Biblioteca

Novidades outono 2011 on PhotoPeach

Aquí tedes os libros que acaban de chegar á biblioteca e que vos están a esperar nos estantes.
A por eles!

luns, 19 de setembro de 2011

Bon inicio de curso

Como cada mes de setembro comezamos un novo curso e o equipo de biblioteca vos ten preparadas moitas novidades así que,  xa sabedes, esperámosvos con impaciencia!!!!

Se non tes moi claro o que podes ler temosche elaborado unhas guías de lectura que che poden axudar.





Xa sabes, na Biblioteca terás máis información

xoves, 23 de xuño de 2011

Boas vacacións!!!!!!

mércores, 22 de xuño de 2011

Os máis emprestados no curso 2010-11



Este ano estamos moi contentos os do equipo de biblioteca xa que o número de préstamos realidazos ao longo do curso aumentou considerablemente, moi pretiño de 2000, pero estamos seguros que o ano que ven  será mellor.

Estes foron os libros que máis nos tedes pedido

"Os outros feirantes" "Alas negras" "Charlie y la fábrica de chocolate" "Alas de fuego" "Escuela de Frikis" "Tristes armas" " Esto no es justo" "Voy a pasar lista por orden cronológico" "El cementerio sin lápidas y otras historias negras" "Cando petan na porta pola noite" "As flores radiactivas" " Durmido sobre os espellos" "O ceo dos afogados" "Agardarei por ti en África" "Erros e Tánatos"  "Emily the strange. Los días perdidos" e "Unha pantasma no colexio"

Novidades para o verán


Aquí tes as novidades que a Biblioteca mercou para que poidas ler este verán. Esperamos que disfrutes moito coa súa lectura.

O equipo de Biblioteca deséxache que pases unhas moi boas vacacións.

Agardarémoste con impaciencia no mes de setembro.


FELIZ VERÁN PARA TOD@S

Este verán tamén vou ler

martes, 7 de xuño de 2011

Libros para o verán

Se queres levar libros en préstamo para ler no verán pasa pola BIBLIO a partir do día 20 de xuño.
Haberá novidades agardándote.

mércores, 25 de maio de 2011

III Olimpiada do saber






GAÑADORES DA III OLIMPIADA DO SABER



                                   1º CICLO

                              1º CLASIFICADO
"A CABEZA NON PARA" con 34 puntos.

                              2º CLASIFICADO
"LOS SINNOMBRE" con 32 puntos

                                2º CICLO 

                           1º CLASIFICADO
"LAS SULFAMIDAS" con 34 puntos

                          2º CLASIFICADO
"OS FRIKIES" con 33 puntos




                  

sábado, 21 de maio de 2011

Legado Mª Victoria



O venres, día 13 de maio, presentouse o legado que Mª Victoria Moreno donou ao IES G. Torrente Ballester. Ao acto,  que se celebrou na Biblioteca do instituto ás 12,30 h. da mañá,  acudiron Pedro Ferriol , home da escritora, a súa filla Begoña Llácer e o seu xenro Jaime Feijoó. Presentaronse non só os libros  xa catalogados ( preto de 3000 exemplares ) senon tamén o panel identificativo que sinaliza o lugar onde están os mesmos. Ademais da lectura de textos, por parte de alumnado e profesorado e da actuación da alumna de 2º da ESO Aldara Otero que nos deleitou coa interpretación do 1º movemento  da Fantasía de Telemann , o acto serviu tamén para entregar os premios do I Certame de Narrativa que se ven de celebrar entre o alumnado actual e antigo do IES . É interesante  engadir  que os nomes dos gañadores e os títulos das  súas obras pasaron a formar parte do mural que se ven de pintar nas paredes da Biblioteca.

Premios do 1º Certame de Narrativa Mª Victoria Moreno

ACTA DO XURADO

PRIMEIRO CERTAME DE NARRATIVA "Mª VICTORIA MORENO" DO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER DE PONTEVEDRA

En Pontevedra, sendo as 12 horas do día 4 de Maio de 2011, reúnense, no IES Gonzalo Torrente Ballester, os membros do xurado "Primeiro Certame de Narrativa Mª Victoria Moreno" co obxecto de elixir as narracións gañadoras.
Compoñen o Xurado: Dna Mª Xesús Otero Martínez, que actúa como Presidenta, Dona Lucía Carbajales Vales, como secretaria e como vogais Dona Cristina Ogando Pérez, Don Luis Bará Torres , Dona Tania Pérez López e Dona Nahid Brikat.
Tras varias deliberacións o xurado acordou outorgar os seguintes premios:

Categoría A
1º PREMIO: “Un misterio con moita arte” a súa autora é Aldara Otero López de 2º ESO A
2º PREMIO: “De Antananarivo a Vladivostock” o seu autor é Brais Gómez Martín de 1º ESO B

Categoría B
1º PREMIO: “Exipto, un misterio permanente” , autora Cintia Cabada Malvar 3º ESO C
2º PREMIO: “O meu único fogar”, autora Sara Vidal García de 3º ESO A

Categoría C
1º PREMIO: Deserto
2º PREMIO: “O principio do fin” , autora María Orge Fernández de 1º BACH A

Categoría D
1º PREMIO: Deserto
2º PREMIO: “A primeira letra” , a súa autora Yima Lizeth Ramírez Martínez Ex-alumna do Centro

Así mesmo acordou seleccionar os títulos dos 23 relatos presentados ao certame para os murais da Biblioteca.
Pontevedra, 4 de Maio de 2011

luns, 9 de maio de 2011

Mais novidades na videoteca













Novidades na Videoteca





















venres, 6 de maio de 2011

"Os Quixotes do Torrente"


luns, 21 de marzo de 2011

Novidades na Videoteca
















Día internacional da poesía

Qué es poesía? --dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía... eres tú.

(Gustavo Adolfo Becquer)

xoves, 17 de marzo de 2011

Entroido 2011


domingo, 27 de febreiro de 2011

novidades na videoteca







domingo, 20 de febreiro de 2011

II Concurso "Liga de Debate"



O equipo do IES TORRENTE BALLESTER, aínda que foi o único que gañou os dous debates, quedou de terceiro (por moi pouquiña puntuación de diferenza) e non pasou á final.
Pero non por iso, podemos deixar de felicitar ao noso alumnado, que o fixo realmente ben.
Parabéns tamén para os equipos finalistas: Valle Inclán e Luís Seoane

novidades na videoteca





luns, 14 de febreiro de 2011

novidades na videoteca







martes, 8 de febreiro de 2011

Xullo Verne


Xullo Verne

( Nantes, 1828 - Amiens, 1905) Escritor francés, considerado o fundador da moderna literatura de ciencia ficción. Predixo con gran precisión nos seus relatos fantásticos a aparición dalgúns dos produtos xerados polo avance tecnolóxico do século XX, como a televisión, os helicópteros, os submarinos ou as naves espaciais.

Os seus inicios literarios foron difíciles pero coñece ao editor Hetzel, quen se interesa polos seus textos e publicalle "Cinco semanas en globo" (1862), obra que o lanzou ao éxito e estimulouno a proseguir coa temática da novela de aventuras e fantasía. O mesmo editor encargoulle unha colaboración regular para a revista ·Magazine déducation et de récréation", e en pouco tempo alcanzou unha gran celebridade.


Entre as súas numerosas obras, pódense citar:

Cinco semanas en globo, Viaxe ao centro da terra, Da terra á lúa, Os fillos do capitán Grant, 20.000 leguas de viaxe submarina, A volta ao mundo en oitenta días, Miguel Strogoff, Un capitán de quince anos ou As tribulacións dun chinés na China,


Na biblioteca podes atopar algúns libros deste escritor que hoxe estaría de aniversario.

luns, 7 de febreiro de 2011

Novidades na Videoteca



venres, 4 de febreiro de 2011

Novidades na biblioteca

Tres novos libros dende hoxe na biblioteca

"Contos e poemas para un mes calquera"


Contos e poemas para un mes cualquera é o resultado da feliz unión entre narrativa e poesía; 31 contos e outros tantos poemas inchados de fantasía, que permiten viaxar polo máis insólito dos universos: o da palabra e os sentimentos.

  "A expedición dos libros"

Uns ladróns levaron da biblioteca familiar o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne, aproveitando que os donos da casa se mudaron á Gran Cidade. Que poden facer o resto dos libros? Organízanse e unha expedición sae na súa axuda para rescatalo.
"Agardarei por ti en África"


Rogelio medra nun pazo galego, nunha casa chea de ausencias (o pai é un militar sempre ausente; a nai está morta) e de misteriosos silencios ( a tía Josefina vive recluída no seu cuarto; o avó nunca abre a boca). A figura omnipresente da avoa e o seu bastón como símbolo de poder e orde parecen implacables. Todo cambia cuando rogelio coñece a Lissete, filla de vermellos, e a Andrés, un mendigo que vive medio morto en vida.

A que esperas para pedilos? Son para ti!

luns, 31 de xaneiro de 2011

Novidades na Videoteca


xoves, 27 de xaneiro de 2011

I CERTAME DE NARRATIVA

A Biblioteca Mª Victoria Moreno xunto co EDLG do IES Gonzalo Torrente Ballester ven de convocar o   
                                         
                             I CERTAME DE NARRATIVA

No que poderán participar  alumn@s e ex-alumn@s do centro.

Se estades interesados mirade as bases que andan penduradas polos corredores e tabuleiros do Instituto.

Os premios son moi interesantes, e ademais....... o voso nome poderá aparecer nas pinturas que decoran a Biblioteca.