venres, 25 de novembro de 2011

martes, 22 de novembro de 2011

Manuel Lourenzo González... un profesor de premio

Manuel Lourenzo González, un dos nosos profesores máis queridos de lingua e literatura galega do centro, ven de gañar o XXIX Premio "Blanco Amor" de novela longa, pola obra que leva como lema "ATL". Pero non é o único premio deste ano. Recentemente, a súa novela " Mundo Arb", publicada en SM, levou o Premio de Literatura Infantil e Xuvenil O Barco de Vapor.


Desde a Biblioteca do centro, noraboa. Sabemos que non será o derradeiro. Como nunha boa novela, isto non remata aquí.


xoves, 17 de novembro de 2011

Xa na Biblioteca

O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños

 Autor: Fernando Cimadevila e Ivan Valladares

O mundo secreto de Basilius Hoffman comprende un ambicioso proxecto de fantasía que abrangue varios medios artísticos, centrados todos eles arredor dunha serie de cinco novelas ilustradas da que agora se publica o seu primeiro título: O ladrón de soños.
Desde esta primeira historia mergullámonos nun mundo estraño e complexo, un universo onde o profesor Hoffman: arqueólogo, historiador, lingüista e, sobre todo, explorador de mundos ocultos, serve de guía ao seu novo sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas do noso propio mundo conflúen cara a unha única e asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade.
Entre os demais proxectos atópase tamén a publicación de varias novelas derivadas, nas que se profundizará noutros aspectos da historia e dos personaxes, varios álbumes de banda deseñada e a creación dunha banda sonora, que xa ten a súa primeira achega nesta novela cunha peza a piano.

O mundo secreto de Basilius Hoffman pretende chegar tanto a un público xuvenil como adulto, seguindo o legado de Michael Ende cunha lectura de dobre profundidade, na que os máis novos gocen da aventura e os maiores poidan recuperar aquela maxia das súas primeiras lecturas no xénero da fantasía, sempre, e como manda a tradición, cun pano de fondo que reivindica o poder da creatividade e da imaxinación.
( A rede social galega do Libro)



xoves, 3 de novembro de 2011

En samaín




Alma from Rodrigo Blaas on Vimeo.



Trátase dunha curtametraxe animada moi apropiada para este tempo. Está dirixida polo animador granadino Rodrigo Blaas que traballa para os Estudios de Animación Pixar desde o ano 2002. Rodrigo participou en películas : Buscando a Nemo, Cars, Los increibles, Wall-e y Up.
Tres anos de traballo foron necesarios para crear esta curtametraxe de cinco minutos de duración, que recrea a historia dunha nena que, recorrendo as frías rúas, atopa unha antiga tenda de xoguetes que lle causa moita curiosidade.
A curta titúlase "Alma". Espero que vos guste.



Esta curta e o texto están no Blogue da Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz. Grazas por estes regalos.

mércores, 2 de novembro de 2011

Biblioteca escolar Última xeración


A nosa Biblioteca tamén quere formar parte das bibliotecas de última xeración e dotámonos de varios ordenadores para que poidades usar, naturalmente seguindo unhas cantas normas.