mércores, 9 de maio de 2012
Abril-Maio con libros
Mirade que repleta está nestes días a biblioteca.
Non fai case nada que estabamos coa novela negra e xa cambiamos.
Dende hai uns días Rosalía e Paz Andrade están connosco.
Estes meses de Abril e Maio son para nós dunha febril actividade, mirade se non
O día 16 visitaranos unha exalumna, Iria Morgade, presentaranos a súa primeira novela, fará entrega dos premios aos gañadores da IV olimpíada do saber e aos gañadores do segundo certame de narrativa Mª Victoria Moreno.
Tamén teremos unha interesantísima exposición do "Traxe galego"
Ánimo!!! Pasa pola Biblioteca!!!
Hai moito que ver!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario