mércores, 20 de xuño de 2012

Emili Teixidor. Tot un amic

Foise Emili Teixidor. O escritor que ademais de múltiples historias de ficción (como Pa negre, que dou lugar á premiada película) escribiu ese libro de referencia para os mediadores, La lectura y la vida. Cómo incitar a los niños y adolescentes a la lectura: una guía para padres y maestros,  e o artigo "Estrategias del deseo o trucos para leer" publicado no suplemento Culturas do diario La Vanguardia, que resultou ganador do VI Premio Xornalístico da Fundación Germán Sánchez Ruipérez no 2005 sobre lectura.
Emili Teixidor acompañaranos nunha das actividades de formación de bibliotecas escolares. As súas palabras resultaron sabias e poderosas, igual que a súa presenza.
Hai unhas semanas volveunos acompañar, neste caso a través do libro citado que formaba parte dos materiais entregados ao profesorado participante na V Xornada dos Clubs realizada o 9 de xuño no Palacio de Congresos. Así de forte é o vínculo que nos unía e nos une a alguén que tanto dixo e escribiu sobre eses temas que tanto nos interesan. Un bo momento para volver ás súas obras, para seguir os seus consellos... 

--
Publicado por  Asesoría Bibliotecas Escolares  para  Rede Lectura  el  6/20/2012

Ningún comentario: