xoves, 12 de decembro de 2013

Guía de recomendacións de Nadal

Libros para ler, libros para regalar, libros para soñar. Xa están na biblioteca.  Estas son as nosas recomendacións para as próximas festas. Preme na imaxe de Lucía Souto Esmorís, alumna do centro, e que serve tamén para desexarvos unhas boas vacacións e un feliz Aninovo.

http://issuu.com/pelloitur/docs/gu__as_libros_nadal_2013/1?e=0





martes, 26 de novembro de 2013

Guía da Biblioteca para familias

No mes de novembro presentamos ás familias do instituto a nova guía da biblioteca. Aquí a mostramos por se non tedes o tríptico.

venres, 22 de novembro de 2013

Ler ciencia

video
Aquí tedes imaxes da exposición de libros que fixemos no día da biblioteca.

luns, 18 de novembro de 2013

Formación de Usuarios

Formación de usuarios 2013 from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.

Como vén sendo habitual no primeiro trimestre do curso, o equipo de biblioteca presta unha atención especial aos alumnos de nova incorporación,  aos de primeiro de ESO e Bacharelato sobre todo, celebrando unhas xornadas nas que se lles dan indicacións do funcionamento da "biblio" e de como está organizada, para que poidan ser autosuficientes á hora de buscar os materiais que precisen.

Aquí tedes unha pequena mostra da formación de usuarios deste curso.

xoves, 7 de novembro de 2013

O samaín nas aulas

Vimos de iniciar o curso na biblioteca do IES coa incorporación de novos colaboradores, redución do horario de atención e máis ordenadores para os usuarios. Queremos hoxe presentarvos a primeira das actividades programadas. Trátase da celebración do Samaín.


mércores, 6 de novembro de 2013

Día dos mortos

A biblioteca do IES dedicoulle este ano a celebración do Samaín a México e outras culturas non tan afastadas como Exipto, Nepal, etc.
Con este motivo celebramos unha serie de actividades como un concurso chamado "Eu que sei" do que vos deixamos o tríptico que utilizaron os alumnos para buscar a información.



A biblioteca engalanouse para a ocasión cun altar de mortos. Ao pé del estaba a nosa Catrina velando a memoria do seu home, o pobre Ensino Público. Aquí tedes unhas imaxes do velorio.


Día dos mortos from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.

O alumnado, para a ocasión, escribiu "calaveritas".¡Aiiii, que pena!


Unha exposición de literatura e películas de medo e proxeccións durante os recreos na entrada do IES completaron o acontecemento.

martes, 25 de xuño de 2013

Un ata sempre !!!!!

Chegou o momento da despedida, despois dalgúns anos nos que a Biblioteca formou parte da miña vida, tócame dicirlle ata logo a algo que vin crecer pouco a pouco co esforzo de todos os que nos ilusionamos con este proxecto. 

Foi un pracer traballar con e para vós e aínda que me sinto feliz porque gozarei dun merecido descanso, logo de tantos anos de traballo, no meu corazón gardarei sempre un canto especial para "Esta Biblioteca" á que considero un pouco miña.

 Moitos bicos e ata sempre.

 Mª Jesús

xoves, 13 de xuño de 2013

O tendal dos máis lidos no curso 2012-2013

Aquí tedes as portadas dos libros non obrigatorios máis lidos neste curso. Esta é a outra recomendación que presentamos.

mércores, 12 de xuño de 2013

Os máis lidos no curso 2012-13


Cando chegan estas datas gústanos facer balance na biblioteca e, aquí algúns resultados. Como sempre os libros de lectura obrigatoria son os máis solicitados pero tamén é certo que pouco a pouco os libros non obrigatorios van gañando terreo

luns, 10 de xuño de 2013

Lecturas de verán no Torrente

Como todos os anos, próximamente, comenzará a campaña de verán. A partir do día 20 de xuño podedes levar  da biblioteca novidades entretidas e divertidas. A disfrutar.
Preme sobre a imaxe

mércores, 29 de maio de 2013

Entrega de premios e Homenaxe a Manuel Lourenzo González

"Tarde pero seguro". Imaxes do acto feito o día 16 de maio, no que se entregaron os premios dos certames de portadas e da Olimpíada, e no que fixemos unha pequena homenaxe ao noso compañeiro e escritor, Manuel Lourenzo González.



luns, 22 de abril de 2013

Roberto Vidal Bolaño

xoves, 18 de abril de 2013

Catálogo da exposición sobre Manuel Lourenzo González


Aquí tedes un catálogo cos paneis e obxectos que temos nestes días na Biblioteca.







luns, 15 de abril de 2013

Actividades " ENTRE O LIBRO E AS LETRAS"

Aquí temos o programa de actividades da Biblioteca para os próximos 40 días. Ainda quedan cousas por confirmar. Xa vos contaremos. Manuel Lourenzo González e Roberto Vidal Bolaño son os nomes destacados deste ano no noso centro. Estades todas e todos invitados.


Presentación de "Dominicanas somos"

O próximo mércores, día 17, Enrique Mauricio e Carlos Taboada veñen o centro, a presentar o alumnado de 1º ESO,  a súa banda deseñada "Dominicanas somos".

V Olimpíada do saber: Música, cine e inxenio

Outro ano. E xa levamos cinco. A Olimpíada chega ao instituto. Esta semana ábrese o prazo de inscrición. Xa sabedes:  grupos de tres ou catro, do mesmo nivel educativo ( non ten que ser a mesma aula), e... premios "suculentos". 
Este ano varias probas estarán adicadas ao mundo da música e o cine.
As probas comezan o martes, 23 de abril ( día do libro. Bo día).
Animádevos!!!

I Certame de Deseño de Portadas de Libros

Co gallo da exposición sobre Manuel Lourenzo González que temos no centro, o EDLG e o Equipo da Biblioteca, co patrocinio da ANPA "El pino", convocan o I Certame de Deseño de Portadas de libros. As bases as tes a continuación.


venres, 12 de abril de 2013

8 de Abril, día internacional do pobo xitano


 Exposición de paneis cedidos pola Fundación do Pobo xitano.

Traducción libre da  letra :
Anduve por muchos caminos,
en ellos encontré Rom afortunados
en sus coloridas carpas.
También me encontré con Rom pobres.
¿De dónde vienen
con sus tiendas coloridas, recorriendo
los caminos?
¡Oh Rom!,
¡Oh muchachos!
Rom, hermano,
una vez también yo tuve una gran familia,
Vengan conmigo Rom del mundo entero,
nuevamente los caminos
se han abierto.
Ahora es el tiempo.
¡Oh Rom!,
¡Oh muchachos!
Recorramos nuevos caminos.
¡Vamos! que la esperanza de tiempos mejores
es la que nos guía cada día

De Catamarca a Atl

Manuel Lourenzo from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do instituto elaboraron e montaron na biblioteca unha exposición sobre a persoa e a obra do noso compañeiro Manuel Lourenzo González. Esta exposición pretende ser un xeito de recoñecer o seu labor como escritor, unha carreira que nos últimos anos foi distinguida con diferentes premios (Xerais 2008, Barco de Vapor 2011 e Blanco Amor 2011). A mostra, que permanecerá montada ata os últimos días do mes de maio, inclúe paneis informativos sobre a súa vida e a súa obra, unha selección dos seus textos publicados e unha pequena colección de "obxectos dunha realidade ficticia".

martes, 26 de marzo de 2013

Visitamos o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.





O xoves 21 de marzo fomos ao SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL de Pontevedra, este áno dedicado ás máquinas: A TODA MÁQUINA.
Alí vimos os traballos presentados polos centros de ensino de Pontevedra, unha exposición sobre Marilar Aleixandre e unha serie de inventos ao longo da historia que lle debemos a persoas como Leonardo da Vinci.
Ademais, Kiko da Silva falounos do seu Garaxe Hermético, unha escola galega de ilustración, creada por el, para formar nesta profesión, ata o de agora autodidacta, dado que non se imparte na docencia universitaria por non considerar o cómic unha arte. Tamén nos amosou algunhas das súas bandas deseñadas e explicounos o laborioso proceso de transformar as ideas en imaxes e palabras.
Foi moi interesante.

venres, 8 de marzo de 2013

8 de Marzo

Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.

Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar os seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhaguen (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.

mércores, 27 de febreiro de 2013

mércores, 13 de febreiro de 2013

Entroido 2013

Entroido 2013 no IES Torrente Ballester from Biblioteca Torrente Ballester on Vimeo.

Xa é unha tradición no noso instituto celebrar a chegada do Entroido, e este ano non podiamos faltar a este acontecemento, así que nos vestimos de gala carnavalesca e saímos das aulas para que toda a comunidade educativa nos vise, tampouco fallou  o tan esperado concurso de sobremesas típicas que nos adozan a ocasión, con todos estes ingredientes pasámonolo fenomenal.
 Este vídeo é unha pequena mostra de todo canto aconteceu.

martes, 29 de xaneiro de 2013

Okapi, nova revista na biblioteca


Agora, xa non temos razóns para non ler en francés. Desde este mes, temos esta revista no recuncho de lectura relaxada da biblioteca, para estar ao día na lingua de Asterix e Tintin.

Unha preciosa historia da música

Con permiso do equipo de Biblioteca do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas. Merece a pena difundilo.

venres, 25 de xaneiro de 2013

Fina, Académica da Lingua.

Dende a Biblioteca do IES G. Torrente Ballester engadímonos aos parabéns para esta escritora e mestra, de tanta xente, e que vén de conseguir que a L.I.X. teña o seu oco nas altas institucións da lingua.

NORABOA!


xoves, 17 de xaneiro de 2013

Paseo virtual polo futuro cercano da Biblioteca

No instituto, temos a sorte de ter compañeiros que traballan programas espectaculares. Un bo amigo da Biblioteca, Francisco Otero, regalounos unha montaxe virtual de como queremos que quede a nosa biblioteca ao final de curso. Mirádea. É un luxo de traballo.
  Adicado a Mª Jesús  que, pola súa "mala pata", ten que velo desde casa.